IFEVI, concibido como xerador de servizos sen ánimo de lucro, concentra o seu carácter público no Comité Executivo que o preside. O cadro de institucións e persoeiros que o integran abrangue a representación de todos os organismos que a nivel autonómico teñen que pertencer necesariamente a unha entidade con clara vocación de servizo á comunidade.
Pola súa peculiar composición directiva e polos servizos que presta, o IFEVI está recoñecido Fundación de Interés Galego ao abeiro da Lei 12/2006 de 1 de decembro, de réxime das fundacións de interese galego.